O traballo terá unha extensión máxima de 10 páxinas, incluíndo táboas e figuras.
O manuscrito debe procurar incluír os seguintes apartados:
- Resumo
- Introdución (na que se incluirán os antecedentes do tema e os obxectivos propostos)
- Metodoloxía empregada
- Resultados (con discusión crítica e razoada dos mesmos)
- Conclusións
- Bibliografía
No caso de que proceda, tamén se pode incluír un estudo de viabilidade, presuposto e calquera outra información que poida ser relevante para o proxecto exposto.