O artigo pode ser redactado en galego, castelán ou inglés, con todos os marxes de 2,5 cm. e letra Times New Roman (TNR), 14 e maiúsculas para o título, o resto en tamaño 12, a excepción da bibliografía que figura en tamaño 10.
A páxina inicial inclúe:
- Título do traballo en TNR 14 negrita e maiúsculas.
- Nome e Apelidos do alumno e enderezo de correo electrónico en TNR 12 e maiúsculas.
- Curso e materia na que se desenvolveu o traballo e nome do titor (se éste o autoriza).
- Resumo do traballo de 5-6 liñas onde se explique de forma xeral o tema, indicando se é un estudo bibliográfico ou se os resultados foron obtidos nun traballo de investigación.
- A continuación comeza a redacción do mesmo coa introducción e antecedentes.
Apartados e subapartados levan os títulos en negrita, aliñados á esquerda e o corpo do texto, con interliñado sinxelo e xustificado.
Táboas e Figuras. Numeraránse de forma consecutiva, dacordo coa súa aparición no texto e irán acompañadas dun texto breve (pé de táboa ou pé de figura) no que se describe o seu contido. E se incluirán no texto aproximadamente no lugar onde se citan.
Referencias bibliográficas no texto. Figurarán entre parénteses indicando o apelido do autor (ou autores se se trata de dous) e o ano de publicación. Se no mesmo parénteses houbera dúas ou máis referencias, ordearánse cronolóxicamente. E, para citar traballos de máis de dous autores, incluiráse o apelido do primeiro seguido de et al. No caso de haber varios traballos do mesmo autor indicase engadindo á data as letras a, b, c, etc.